Aloxamento WordPress
Fai coa solución ideal para mellorar a túa páxina web e, se non a temos, contacta connosco para facela realidade!
Filtros
Unha hospedaxe web para WordPress e WooCommerce nos mesmos servidores onde funcionan as nosas webs, con copias diarias, correo profesional e a migración incluída. Esencial: 120 € o primeiro ano e 180 € despois; Completo: 250 € ao ano. IVE non incluído.
- Copias de seguridade automáticas diarias, con restauración dun día anterior
- Correo profesional co teu dominio: unha caixa no Esencial e ata cinco no Completo
- HTTPS con TLS 1.3, HTTP/2 e certificado Let’s Encrypt que se renova só
- Migración desde o teu hosting actual, probada antes de cambiar o dominio
- Seguridade por capas no servidor e soporte do equipo que fai webs e plugins
Rango de prezos: desde 180,00 € ata 250,00 € / Anual
Un servidor dedicado para empresas: unha máquina enteira para as túas webs, co panel Plesk Web Pro incluído e un centro de datos europeo. 1.000 € ao ano, IVE non incluído; soporte técnico opcional por 100 € ao mes.
- Intel Xeon-D 2141I con 8 núcleos e 16 fíos, de 2,2 a 3 GHz, ou similar
- 32 GB de memoria DDR4 ECC e un disco NVMe de 512 GB, ou similar
- Unha conexión de 1 Gb/s nun centro de datos europeo
- Plesk Web Pro para webs, dominios, correo e certificados
- Posta en marcha incluída; a migración das túas webs, orzamentada aparte
1.000,00 € / AnualIVE non incluído
Necesitas saber algo máis?
Acerca de “Aloxamento WordPress”
Aloxamento web optimizado para WordPress e WooCommerce. Servidores rápidos, copias de seguridade diarias, certificado SSL incluído e soporte técnico especializado. Desde aloxamento compartido ata servidores dedicados para tendas de alto tráfico.
