Termos e condicións

1. Identificación e obxecto

En cumprimento do deber de información recollido no artigo 10 da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), fanse constar os seguintes datos:

  • Titular: Consultoría EHERO SLU
  • NIF: B72671100
  • Domicilio social: Rúa Emilia Pardo Bazán 25 A2, 36204 Vigo (Pontevedra), España
  • Correo electrónico: info@consultoriaehero.com · soporte@consultoriaehero.com
  • Sitio web: www.consultoriaehero.com
  • Datos rexistrais: Inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, Tomo 4423, Folio 165, Folla PO-70688

As presentes condicións regulan o acceso ao sitio web, a contratación dos servizos e a adquisición das licenzas de software comercializadas por Consultoría EHERO SLU (en diante, «EHERO»). A realización dun pedido implica a aceptación expresa destas condicións por parte do Usuario.

2. Servizos e produtos ofrecidos

2.1. EHERO ofrece servizos de consultoría en deseño web, marketing dixital e desenvolvemento de negocio, dispoñibles a través do sitio web.

2.2. Así mesmo, EHERO comercializa licenzas de uso de software propio —plugins e módulos para plataformas de comercio electrónico e xestores de contidos—, cuxas condicións específicas se recollen nas seccións 6 a 9 deste documento.

2.3. A descrición, características e requisitos técnicos de cada produto figuran na súa ficha correspondente. É responsabilidade do Usuario comprobar que a súa instalación cumpre os requisitos indicados antes de contratar.

3. Proceso de contratación

3.1. A contratación realízase cubrindo os formularios habilitados no sitio web e efectuando o pagamento mediante algún dos métodos dispoñibles.

3.2. Unha vez confirmado o pagamento, EHERO remitirá ao Usuario, ao enderezo de correo electrónico facilitado, a confirmación do pedido e, cando se trate de licenzas de software, a clave de licenza pertinente.

3.3. O Usuario é responsable da veracidade e exactitude dos datos facilitados, en particular do enderezo de correo electrónico, que constitúe o medio de comunicación e identificación da licenza conforme á sección 6.

4. Prezos e condicións de pagamento

4.1. Os prezos móstranse en euros e inclúen ou exclúen os impostos aplicables segundo se indique en cada ficha e no proceso de compra.

4.2. Ao remitir o formulario de pedido, o Usuario acepta os prezos expostos.

4.3. Admítense como métodos de pagamento tarxeta de crédito ou débito (Visa, MasterCard, American Express), PayPal e transferencia bancaria.

4.4. EHERO emitirá a factura correspondente e remitiraa ao enderezo de correo electrónico facilitado.

5. Seguridade nas operacións de pagamento

5.1. EHERO garante que a transmisión dos datos persoais e financeiros se realiza en contornas seguras, aplicando as medidas técnicas e organizativas axeitadas conforme á normativa de protección de datos.

5.2. Os datos de pagamento son tratados directamente polas entidades e pasarelas de pagamento correspondentes; EHERO non almacena os datos completos das tarxetas dos seus Usuarios.

6. Licenzas de software

6.1. Os plugins e módulos comercializados por EHERO cédense baixo un dereito de uso non exclusivo e intransferible, polo período e para o número de instalacións indicados no pedido. En ningún caso se transmite a propiedade do software.

6.2. A licenza emítese a nome do Usuario e queda vinculada ao enderezo de correo electrónico facilitado na contratación, que actúa como identificador da licenza. O Usuario é responsable de manter dito enderezo operativo e actualizado, xa que constitúe a vía pola que se remiten a clave de licenza, os avisos de vencemento e as comunicacións relativas ao servizo. Os cambios de enderezo deberán comunicarse a soporte@consultoriaehero.com.

6.3. A licenza actívase no dominio ou dominios que o Usuario indique, dentro do número de instalacións contratado. O cambio de dominio poderá solicitarse a soporte@consultoriaehero.com.

6.4. Queda prohibida a cesión, revenda, sublicenza, distribución ou posta á disposición de terceiros do software ou da clave de licenza, así como a súa descompilación, enxeñaría inversa ou modificación non autorizada, salvo nos supostos legalmente permitidos.

6.5. Cando a licenza fose adquirida a través dun distribuidor ou partner autorizado, este puido facilitar a EHERO o enderezo de correo electrónico e os datos identificativos do Usuario coa finalidade de emitir a licenza ao seu nome, activala e prestar a asistencia asociada. Nese caso, EHERO é responsable do tratamento de ditos datos para a xestión da licenza, con independencia de que a contratación económica se formalizase co distribuidor.

7. Verificación das licenzas

7.1. Para o seu funcionamento, o software comunícase periodicamente cos servidores de EHERO co fin de verificar a vixencia da licenza, comprobar o número de instalacións activas, previr usos non autorizados e poñer á disposición do Usuario as actualizacións dispoñibles.

7.2. Nesa verificación transmítense exclusivamente os datos técnicos necesarios para esa finalidade: a clave de licenza, o enderezo de correo electrónico asociado, o dominio da instalación, a versión do software e os datos técnicos da contorna (versión da plataforma de comercio electrónico, do xestor de contidos e de PHP), así como o enderezo IP e a data e hora da petición.

7.3. EHERO non accede en ningún caso ao contido da tenda do Usuario nin aos datos dos seus clientes, pedidos, produtos ou calquera outra información de negocio, salvo que o propio Usuario o solicite expresamente no marco dunha intervención de asistencia.

7.4. Esta verificación constitúe unha parte inseparable do funcionamento do software licenciado e non pode desactivarse. O rexistro de verificacións consérvase mentres a licenza permaneza vixente e durante os prazos de prescrición legalmente aplicables.

8. Vixencia, vencemento e cesamento de funcionamento

8.1. A licenza ten a duración indicada no pedido. Con antelación suficiente ao seu vencemento, EHERO remitirá ao Usuario un ou varios avisos de renovación ao enderezo de correo electrónico asociado á licenza.

8.2. O Usuario queda expresamente informado de que, unha vez vencida a licenza sen ter sido renovada, o software deixará de funcionar e as sincronizacións ou operacións automatizadas que realice deteranse. O software poderá permanecer instalado, pero non executará as súas funcións.

8.3. O cesamento de funcionamento non elimina a información previamente incorporada á tenda do Usuario (produtos, prezos, existencias e demais datos xa sincronizados), que permanecerá tal e como estivese no momento do vencemento e deixará de actualizarse.

8.4. Reactivando a licenza, o software recupera o seu funcionamento e conserva a configuración existente, poñéndose ao día na primeira sincronización posterior.

8.5. A renovación da subscrición realizarase de forma automática ao finalizar o período contratado. No caso de que o Usuario non desexe continuar coa subscrición, deberá cancelar a renovación desde o seu panel de usuario antes da data de renovación correspondente.

  1. Actualizacións e asistencia

9.1. Durante a vixencia da licenza, o Usuario ten dereito ás actualizacións do software que EHERO publique.

9.2. A licenza inclúe asistencia para a instalación e a posta en marcha do software, así como a revisión da súa configuración. Non comprende o desenvolvemento de funcionalidades á medida, soporte continuado e/ou periódico, a adaptación a temas, plantillas ou módulos de terceiros, a resolución de incidencias alleas ao software, a migración de datos nin a administración xeral da tenda do Usuario, servizos que poderán contratarse de forma independente.

9.3. EHERO non garante o funcionamento do software cando o fallo teña a súa orixe en servizos, credenciais, interfaces de programación (API) ou infraestruturas de terceiros alleos ao seu control, nos termos previstos na sección 10.

9.4. EHERO poderá modificar, evolucionar ou descontinuar funcionalidades do software, informando ao Usuario con antelación razoable cando o cambio sexa substancial.

10. Política de reembolso

10.1. Se o Usuario ten problemas para facer funcionar o plugin que adquiriu, EHERO estará encantado de ofrecerlle un reembolso completo dentro dos catorce (14) días naturais posteriores á compra orixinal, sempre que ditos problemas non poidan ser resoltos polo equipo de soporte técnico de EHERO.

10.2. Antes de conceder un reembolso, o Usuario deberá permitir a EHERO intentar resolver o problema, contactando previamente co noso equipo de soporte técnico a través do enderezo de correo electrónico soporte@consultoriaehero.com. Se o equipo de soporte técnico de EHERO consegue resolver o problema e o plugin pode funcionar correctamente, dita resolución non constituirá motivo para solicitar ou conceder un reembolso.

10.3. Non procederá o reembolso cando a imposibilidade de instalar, configurar ou utilizar o plugin se deba a causas alleas ao control de EHERO, incluíndo, entre outras, a falta de subministración por parte de terceiros de credenciais, claves de acceso, API Keys, credenciais de Web Service, tokens de segmentación, a desactivación ou indispoñibilidade de servizos web ou APIs, restricións impostas por terceiros ou calquera outra circunstancia externa que impida o correcto funcionamento ou a integración do plugin.

10.4. Transcorridos catorce (14) días naturais desde a compra orixinal, non se realizarán reembolsos.

10.5. Os reembolsos non se aplican ás actualizacións de licenza nin ás renovacións.

11. Dereito de desistimento (Usuarios consumidores)

11.1. Cando o Usuario teña a condición de consumidor ou usuario conforme ao Real Decreto Lexislativo 1/2007, disporá dun prazo de catorce (14) días naturais para desistir do contrato sen necesidade de xustificación.

11.2. Tratándose de contido dixital non prestado en soporte material, o Usuario recoñece e acepta que, ao solicitar a entrega inmediata da clave de licenza e do software, o dereito de desistimento extingue-se unha vez iniciada a execución, conforme ao artigo 103.m) do citado Real Decreto Lexislativo. EHERO recadará dito consentimento expreso durante o proceso de compra.

11.3. O desistimento poderá comunicarse a info@consultoriaehero.com.

11.4. A presente sección non resulta de aplicación aos Usuarios que contraten no marco da súa actividade empresarial ou profesional.

12. Protección de datos persoais

12.1. Responsable do tratamento: Consultoría EHERO SLU, NIF B72671100, Rúa Emilia Pardo Bazán 25 A2, 36204 Vigo (Pontevedra) — info@consultoriaehero.com.

12.2. Finalidades e bases xurídicas. Os datos facilitados trátanse para: xestionar a relación contractual e a facturación; emitir, activar e verificar as licenzas contratadas; prestar a asistencia asociada; e cumprir as obrigas legais aplicables (execución do contrato e obriga legal). A prevención da fraude e a protección dos dereitos de propiedade intelectual amparanse no interese lexítimo de EHERO.

12.3. Comunicacións de servizo. EHERO remitirá ao Usuario, ao enderezo de correo asociado á súa licenza, as comunicacións necesarias para a correcta prestación do servizo: avisos de vencemento e renovación, incidencias de seguridade, cambios relevantes no software ou nas presentes condicións e avisos sobre o estado da súa licenza ou da súa instalación —entre eles, a ausencia prolongada de verificación da licenza, que pode indicar que o software se atopa desactivado ou desinstalado—. Estas comunicacións forman parte do servizo contratado e non constitúen publicidade.

12.4. Comunicacións comerciais. EHERO poderá remitir ao Usuario información sobre produtos e servizos propios similares aos contratados, conforme ao artigo 21.2 da LSSI-CE. O Usuario pode opoñerse en calquera momento, de forma sinxela e gratuíta, mediante a ligazón incluída en cada comunicación ou escribindo a info@consultoriaehero.com. A oposición ás comunicacións comerciais non afecta ás comunicacións de servizo do apartado anterior.

12.5. Dereitos. O Usuario pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade dirixíndose a info@consultoriaehero.com, así como presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

12.6. Pode consultarse información adicional e detallada na Política de Privacidade.

13. Propiedade intelectual e industrial

13.1. Todos os contidos do sitio web (textos, gráficos, imaxes, logotipos, marcas, estrutura e deseño), así como o software comercializado e o seu código fonte, son propiedade de EHERO ou dos seus licenciantes e atópanse protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial.

13.2. Queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación sen autorización expresa e por escrito de EHERO.

14. Responsabilidade

14.1. EHERO non será responsable dos danos derivados de interferencias nas telecomunicacións, fallos de sistemas, virus informáticos ou calquera outras causas alleas ao seu control.

14.2. EHERO non responde dos prexuízos derivados dun uso do software contrario á súa documentación, de modificacións non autorizadas, da incompatibilidade con software de terceiros non soportado nin da ausencia de copias de seguridade por parte do Usuario. Recoméndase ao Usuario dispoñer de copias de seguridade actualizadas antes de instalar ou actualizar calquera software.

14.3. Salvo dolo ou neglixencia grave, e sen prexuízo dos dereitos que asistan ao Usuario consumidor, a responsabilidade de EHERO limitarase ao importe aboado polo Usuario pola licenza ou servizo de que se trate.

15. Modificacións

15.1. EHERO resérvase o dereito de modificar os contidos, servizos e presentación do sitio web.

15.2. As modificacións das presentes condicións que afecten a licenzas en vigor serán comunicadas ao Usuario ao enderezo de correo asociado, cunha antelación mínima de trinta (30) días á súa entrada en vigor. Se o Usuario non estivese conforme, poderá comunicalo dentro de dito prazo.

16. Dereito de exclusión

16.1. EHERO resérvase o dereito de denegar ou retirar o acceso ao portal e aos servizos, sen necesidade de preaviso, aos Usuarios que incumpran as presentes condicións, sen prexuízo das accións legais que puideran corresponder.

17. Lexislación aplicable e xurisdición

17.1. As presentes condicións réxense pola lexislación española.

17.2. Para os Usuarios que teñan a condición de consumidor, será competente o xulgado correspondente ao seu domicilio. Para o resto de Usuarios, as partes sométense aos Xulgados e Tribunais de Vigo (Pontevedra), con renuncia expresa a calquera outro foro.

Última actualización: 31 de xullo de 2026 — Versión 2.0

Subscríbete ao noso boletín

Recibe ofertas exclusivas e actualizacións.

Obtén un 10% de desconto no teu primeiro pedido!