Informe de balde da túa tenda WooCommerce

Informe de balde para WooCommerce

Informe de balde da túa tenda WooCommerce

Escribe o enderezo da túa web e dicímosche que lle falta para vender máis e saír mellor en Google, coa proba de cada cousa. Tarda menos dun minuto.

  • De balde
  • Sen usuario nin contrasinal
  • 34 comprobacións
  • Cada fallo coa súa proba

Que miramos na túa tenda

Se a web é unha tenda WooCommerce, 34 comprobacións. Se non o é, un informe máis curto co que se pode mirar en calquera web.

O que axuda a vender

  • Recensións con estrelas
  • Comprar sen crear conta
  • Oferta na páxina de pagamento
  • Packs e vendas cruzadas
  • Variacións con mostras
  • Buscador

Google e as redes

  • Datos estruturados do produto e da marca
  • Negocio e migas de pan para Google
  • SEO da ficha e das categorías
  • Que Google poida ler a web
  • Enderezos que non existen
  • Portada e ficha ao compartilas
  • Blog

Obrigas

  • Aviso legal, privacidade e condicións
  • Rastrexo antes de aceptar as cookies
  • Prezo co IVE incluído
  • Accesibilidade
  • IVE para empresas da UE
  • Seguridade dos produtos (GPSR)
  • Verificación de idade
  • Idiomas co seu propio enderezo

O técnico

  • Versións de WordPress, WooCommerce e PHP
  • Erros, usuarios e XML-RPC á vista
  • Cabeceiras de seguridade
  • Correo do dominio (SPF e DMARC)
  • Velocidade, HTTPS e móbil
  • Ligazóns e imaxes da portada

Como o facemos

  1. Escribes o enderezo

    Sen rexistro e sen darnos acceso a nada: abonda co dominio.

  2. Lemos a túa web coma un visitante

    Unhas dez páxinas, sen iniciar sesión, e probamos que respondan as ligazóns da portada. Nunha tenda metemos un produto no carriño para chegar ao pagamento; non enviamos ningún pedido nin enchemos ningún dato.

  3. Amosámosche o que vimos

    Cada punto di que falta, por que importa e onde se ve na túa web, para que o comprobes ti.

  4. E como resolvelo

    Co teu correo ves o informe completo: como se arranxa cada cousa e con que.

Sen estimacións de vendas nin comparacións con outras tendas: só o que se ve na túa dende fóra.

Preguntas frecuentes

Custa algo?

Non. O informe é de balde, tamén o completo.

Necesitades acceso á miña web?

Non. Só lemos o que ve calquera visitante, así que non fai falta ningún usuario nin contrasinal.

E se a miña web non é unha tenda WooCommerce?

Tamén funciona: sae un informe máis curto co que se pode comprobar en calquera web, como a velocidade, o HTTPS, o móbil, os textos legais ou que Google poida lela.

Canto tempo gardades o informe?

180 días, para que poidas volver a el coa súa ligazón. O informe non garda datos persoais; se nos deixas o teu correo para ver o completo, trátase como explica a nosa política de privacidade.

E se quero que o arranxedes vós?

Escríbenos dende a páxina de contacto coa ligazón do informe e dicímosche canto custa antes de comezar.

Prefires que o arranxemos nós?

Mándanos a ligazón do teu informe e dicímosche que fariamos e canto custa, antes de comezar.

Falar con EHEROVer os plugins para WooCommerce