Mandalas para colorear por números
8 láminas para imprimir en A4 e colorear por números: mandalas de nós celtas, pavos reais, cunchas, follas e azulexos. Cada zona leva un número e cada número é unha cor; a lenda está ao pé de cada lámina. Son gratis: déixanos o teu correo e mandámosche o PDF.








Así quedan coloreadas. O que imprimes é o debuxo en branco, coas zonas numeradas e a lenda de cores.
Como se colorea por números
- Imprime o PDF en A4, a tamaño real (sen «axustar á páxina»).
- Busca na lenda de abaixo que cor vai con cada número.
- Pinta cada zona coa súa cor. Con lapis de cores ou rotuladores de punta fina queda mellor.
Cada lámina ten entre 580 e 826 zonas, con moito detalle: un bo intre de entretemento para adultos e para nenos a partir duns 9 anos. As zonas máis pequenas píntanse mellor con punta fina.
Gústache colorear? Faino tamén no móbil
Colorcalm
Colorea por números no móbil, ao teu ritmo e sen présas. Estas láminas saen dela: na app hai centos máis e coloréanse cun toque.
E outras apps nosas, por se che apetece algo distinto:
Preguntas frecuentes
¿Son gratis? Si. Só che pedimos o correo para mandarte o PDF.
¿Podo imprimilas para clase ou para un obradoiro? Si, para uso persoal e educativo. O que non se pode é vendelas.
¿Haberá máis? Si: imos sacando packs novos por tempada. Se marcas a casiña de novidades, avisámoste.
Máis láminas para colorear por números
Láminas de animais · Láminas de flores · Paisaxes · Todas as láminas
