Migrar de PrestaShop a WooCommerce é pasar os produtos, os clientes e os pedidos a unha tenda nova sobre WordPress, e facer que Google e os teus clientes a atopen nos mesmos enderezos. O primeiro faino unha ferramenta en poucas horas. O segundo é o que decide se a migración sae ben.
Nesta guía contamos que datos pasan e cales non, as redireccións que non poden faltar, os pasos en orde e canto custa. Se o que queres é quedar en PrestaShop e actualizalo, le mellor migrar de PrestaShop 1.6 a 8.
Por que se cambia de PrestaShop a WooCommerce
- A actualización pendente. Moitas tendas seguen na 1.6 ou na 1.7. Pasar a PrestaShop 8 ou 9 obriga a refacer o tema e os módulos, e nese punto plantéxase cambiar de plataforma.
- O custo dos módulos. Cada función é un módulo de pago que hai que renovar e que ás veces non sobrevive á seguinte versión.
- O contido. WordPress é mellor para o blog, as guías e as landings que atraen visitas desde Google.
- Atopar quen a mantenha. Hai moitos máis profesionais e plugins para WooCommerce.
Non sempre é a mellor idea. Un catálogo de decenas de miles de referencias con moitas combinacións, ben levado en PrestaShop, pode estar mellor onde está.
Que pasa e que non
| Dato | Pasa? | O que hai que revisar |
|---|---|---|
| Produtos, prezos e stock | Si | Prezos con e sen impostos, e o stock do día do cambio |
| Combinacións | Si, como variacións | Atributos, imaxe de cada variación e referencias |
| Categorías e imaxes | Si | A orde, as imaxes de categoría e o texto alternativo |
| Títulos e descricións SEO | Si, coa ferramenta adecuada | Que acaben nos campos do teu plugin de SEO |
| Clientes e enderezos | Si | O consentimento do boletín e os datos de empresa |
| Contrasinais de clientes | Non tal cal | WordPress non as valida; pídese crear unha nova ou úsase un plugin que valide a antiga a primeira vez |
| Pedidos antigos | Si | Que non lancen correos nin descontén stock ao importalos |
| Facturas | Normalmente non | Garda as de PrestaShop en PDF; a numeración nova segue a túa |
| Regras de impostos e transportistas | Non | Configúranse de novo en WooCommerce e próbanse |
| Módulos e tema | Non | Cada un substitúese por un plugin ou refaise |
Para mover os datos hai plugins e servizos de pago que conectan as dúas tendas, como FG PrestaShop to WooCommerce ou Cart2Cart. Aforran moito traballo, pero non deciden por ti que facer co que non encaixa.
As redirecións: o que salva o SEO
PrestaShop e WooCommerce non usan as mesmas direccións. Un produto que en PrestaShop está en /123-camiseta-azul.html pasa a estar en /producto/camiseta-azul/. Se non lle dis a Google que se moveu, a ficha vella dá erro e a nova comeza de cero.
O que hai que facer:
- Sacar a lista de todas as direccións da tenda vella: do sitemap, de Search Console e das páxinas con ligazóns externas.
- Preparar unha redirección 301 de cada unha á súa equivalente nova: produtos, categorías, marcas, páxinas e entradas.
- Comprobar a lista enteira despois do cambio, non só unhas cantas.
- Enviar o sitemap novo a Search Console e vixiar os erros 404 nas semanas seguintes.
É normal que as visitas de Google baixen un pouco as primeiras semanas. O que non é normal é que baixen á metade: iso case sempre son redirecións que faltan.
Módulos de PrestaShop e o seu equivalente
| O que facía en PrestaShop | En WooCommerce |
|---|---|
| Pasarela do banco (Redsys) | Plugin de Redsys ou do teu banco |
| Recarga de equivalencia | Clases de imposto e un plugin que o aplique por cliente |
| Marcas (fabricantes) | Marcas de WooCommerce ou un plugin de marcas |
| Packs de produtos | Un plugin de packs ou bundles |
| Facturas en PDF | Un plugin de facturas ou o teu programa de facturación |
| Varios idiomas | Un plugin de tradución |
| Buscador avanzado | Un plugin de busca |
Fai a lista de módulos activos antes de orzar. É o que máis cambia o prezo dunha migración.
A migración en oito pasos
- Inventario. Produtos, combinacións, clientes, pedidos, módulos activos, enderezos e o que máis se vende.
- Tenda nova nunha copia, sen que a vexa ninguén: WordPress, WooCommerce, tema e plugins.
- Primeira importación de produtos, categorías, clientes e pedidos.
- Revisión produto a produto dos máis vendidos e por mostras do resto.
- Impostos, envíos e pagamentos configurados e probados con compras reais.
- Mapa de redirecións de todos os enderezos vellos.
- Día do cambio: última importación de pedidos e clientes novos, cambio do dominio, redirecións activas.
- As dúas semanas seguintes: erros 404, Search Console, pedidos e correos.
Escolle un día tranquilo para o paso 7. Nunca a semana antes do Black Friday nin en plena campaña.
Canto custa migrar
| Tenda | Prezo habitual da migración |
|---|---|
| Pequena: ata 500 produtos, poucos módulos | 800 – 2.500 € |
| Mediana: miles de produtos, combinacións, varios idiomas | 2.500 – 6.000 € |
| Grande ou con integracións (ERP, almacén, marketplaces) | 6.000 € ou máis |
Forquillas de mercado en España, con IVE non incluído. É o prezo de mover a tenda. Se ademais queres un deseño novo, súmao: explicámolo en canto custa unha tenda en liña.
Pasamos a túa PrestaShop a WooCommerce?
Miramos a túa tenda e os seus módulos, e damosche un prezo pechado co plan de redirecións incluído. Traballamos coas dúas plataformas todos os días.
Os erros que máis caro saen
- Cambiar sen redirecciones. A tenda nova funciona, pero Google trátaa coma se fose nova.
- Importar pedidos que envían correos. Centos de clientes reciben á vez «recibimos o teu pedido» dun pedido de hai dous anos.
- Esquecer o recargo de equivalencia ou os impostos de Canarias. Nótase na primeira factura mal feita.
- Non avisar os clientes do contrasinal. Tentan entrar, non poden e márchanse.
- Migrar o día de máis vendas. Se algo falla, falla cando máis custa.
Preguntas frecuentes
Pódese migrar de PrestaShop a WooCommerce sen perder o SEO?
Si, se cada enderezo vello redirixe cun 301 ao novo e se revisan despois. É normal unha baixada pequena nas primeiras semanas.
Canto se tarda en migrar?
Unha tenda pequena, de 2 a 4 semanas con probas. Unha mediana ou con integracións, de 1 a 3 meses. O cambio en si faise nun día.
Perdo os pedidos e os clientes?
Non. Impórtanse.O que non pasa tal cal son os contrasinais, que os clientes terán que crear de novo salvo que se use un plugin que valide os antigos.
Canto custa migrar de PrestaShop a WooCommerce?
Entre 800 e 2.500 € unha tenda pequena, entre 2.500 e 6.000 € unha mediana e máis de 6.000 € se hai integracións.
É mellor actualizar PrestaShop ou cambiar a WooCommerce?
Se a túa tenda che funciona e os teus módulos teñen versión para PrestaShop 8 ou 9, actualizar adoita ser máis barato. Se hai que refacer tema e módulos de todos os xeitos, é o momento de comparar.
Ligazóns útiles
- Migrar de PrestaShop 1.6 a 8: se prefires quedar en PrestaShop.
- Migrar de Shopify a WooCommerce: o mesmo camiño desde Shopify.
- Canto custa unha tenda online: o que custa telá aberta cada mes.
- Tenda WooCommerce a medida: o noso servizo, desde 2.000 €, IVE non incluído.



