Xogo relaxante · Android e iOS

Colorcalm: pintar por números

Tocas un número, a zona énchese de cor e vai aparecendo a ilustración. Sen présa, sen cronómetro e sen saber debuxar.

Unha lámina nova cada día, e queda contigo

Cada día tes unha ilustración nova agardándote. Empezas cando queiras, déixaa a medias e retómaa: o progreso gárdase só, zona a zona. E unha vez desbloqueada, é túa para sempre.

O catálogo vai medrando con mandalas, paisaxes, animais, motivos florais e doces, repartidos por categorías para que atopes o que che apetece pintar hoxe.

Pantalla de inicio de Colorcalm coa imaxe do día e as láminas en cursoMandala a medio pintar en Colorcalm, cos números de cada zona e a paleta de cores abaixoLámina de flamengos rematada en Colorcalm, coas opcións de compartir e gardar en fotos

O que a fai distinta

As túas propias fotos

Convierte calquera foto túa nunha lámina para colorear. Procésase no propio móbil: a foto non sae de aí nin se sobe a ningún servidor.

Modo lapis

Frega co dedo para pintar a man alzada sen saírte da liña. A zona péchase soa cando a cubriches.

Lupa e localizar

Para as zonas diminutas: unha lupa que aparece baixo o dedo e un botón que che leva directo ao seguinte número.

Con axuda ou á clásica

Podes deixar as pistas visuais acesas ou quitalas e pintar só cos números, como no papel.

Son para concentrarse

Música suave e efectos discretos, cada cousa co seu propio interruptor por se prefires silencio.

As túas rachas

Tempo pintando, zonas completadas, cores favoritas e días seguidos, por se che motiva velo.

Gratis, e Premium se queres máis

Colorcalm é gratis: cada día tes unha lámina nova sen pagar nada. A versión gratuíta sostiñase con anuncios.

Con Premium desbloqueas o catálogo enteiro e desaparecen os anuncios. Ten 7 días de proba gratis e despois son 4,99 € ao mes, cancelables cando queiras desde a propia tenda.

As ilustracións créanse con axuda de intelixencia artificial e revisámolas unha a unha antes de publicalas. Ningunha lámina chega á app sen que unha persoa a aprobase.

Preguntas frecuentes

¿Necesito conexión para pintar?

Para descargar láminas novas si. Unha vez descargada, píntase sen conexión e o progreso gárdase no móbil.

¿Pódense gardar ou compartir os debuxos?

Si. Cada lámina rematada vai á túa galería, e desde aí compártea ou gárdaa nas fotos do móbil.

¿Que pasa coas fotos que converto?

A conversión ocorre no propio dispositivo. A foto non se sobe a ningún servidor.

¿Podo repintar unha lámina?

Si, calquera das que xa teñas, tantas veces como queiras.

Descárgaa e pinta a de hoxe

Está en Google Play e na App Store. Gratis, e a lámina do día non caduca.

Colorcalm está desenvolvida e publicada por Consultoría EHERO S.L.U. ¿Queres unha app para o teu negocio? Contámosche como traballamos en apps a medida.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe ofertas exclusivas e actualizacións.

Obtén un 10% de desconto no teu primeiro pedido!