Serenima
Sonidos para durmir · Android

Serenima: a túa mestura de sons para durmir

Chuvia, fogueira, ondas e ASMR soando ao mesmo tempo, cada un co seu volume. Ti decides como soa a túa noite.

Un mesturador, non unha lista de pistas

Case todas as apps de sons danche pistas pechadas: escolles «chuvia» e soa o que alguén gravou. Serenima vai ao revés. Acendes os sons que queiras —ata oito á vez— e póñeslle a cada un o seu volume ata que soa como o tes na cabeza.

Se non che apetece montalo, arrancas cunha das mesturas rápidas e retócasa desde aí. A app nunca abre en silencio.

Pantalla de inicio de Serenima coas mesturas rápidas e as categorías de sonsMesturador de Serenima con varios sons activos e o volume de cada unTemporizador de sono de Serenima coas duracións de 15 a 120 minutos

O que a fai distinta

Temporizador con fundido

O son baixa pouco a pouco ata apagarse, en vez de cortarse de golpe e espertarte. De 15 minutos a dúas horas.

Sen conexión e sen conta

Non hai rexistro nin fai falta internet para que soe. Abres a app e funciona.

Nunca un anuncio con son

Nada vai interromper o que estás escoitando. É o fallo que máis se repite nas reseñas da competencia e aquí non pasa.

Volume mestre

Un control para toda a mestura, ademais do de cada son. Parece obvio e case ningunha o ten.

Catálogo propio

Chuvia, tormenta, río, ondas, fogueira, ruído branco e ASMR. Produción propia, non bancos de son de terceiros.

Pensada para a noite

Interface escura, controis grandes e todo a un toque, para non levarte un fogonazo de luz ás tres da mañá.

De balde, con opción de máis

Serenima é gratuita: o mesturador completo, as mesturas que queiras gardar, o temporizador con fundido e o funcionamento sen conexión non custan nada.

Ten anuncios e compras dentro da app para desbloquear o catálogo completo. Os anuncios nunca soan nin interrompen a reprodución.

Agora mesmo Serenima está en Google Play. A versión para iPhone chegará máis adiante; cando estea, aparecerá aquí.

Próbaa esta noite

É gratis, funciona sen conta e non precisa conexión.

Serenima está desenvolvida e publicada por Consultoría EHERO S.L.U. Queres unha app para o teu negocio? Contámosche como traballamos en apps a medida.

Subscríbete ao noso boletín

Recibe ofertas exclusivas e actualizacións.

Obtén un 10% de desconto no teu primeiro pedido!